Froitas sonoras

Cando compras froita, o último que esperas é acabar facendo unha sinfonía con elas.

Non é que Rosiña vexa unha mandarina ou un níspero e pense na quinta de Bethoven,

pero si pensou na relación dos diferentes materiais e as propiedades do son. Por que

algúns materiais conducen o son (e a electricidade) e outros non?

Este grupo de alumnas e alumnos, de primeiro e segundo de ESO, que participa neste

obradoiro ten o obxectivo de ensinar programación moi sinxela cun programa

denominado “Scratch” xunto cun xogo de froitas condutoras (e illantes) para que a

rapazada aprenda a diferenza entre elas.

A preparación da actividade comeza coa creación dun entorno dixital que vencella

unha placa base, un ordenador, as froitas e o corpo humano para producir sons

previamente rexistrados. Isto funciona grazas a uns cables que conectan as froitas, o

ordenador e a placa base de xeito que, ao engadir unha pinza de crocodilo, conectada

cun círculo de papel de aluminio que se coloca ao redor dun dedo como se fose un

anel o circuíto péchase e xorde o son, sempre que o material sexa condutor. É dicir, ao

tocar a froita, o ordenador recibe un sinal e o programa executa o son correspondente.

A actividade consiste nun xogo do estilo do “Simon” (xogo no que debes lembrar unha

secuencia de cores e un patrón de son que ves e escoitas, respectivamente, e logo

reproducilos grazas á memoria a curto prazo), pero no xogo do obradoiro son

únicamente sons. Entre as froitas, haberá algunhas que non conduzan a electricidade

e, polo tanto, non xeren o son. Con este xogo cúmprese o obxectivo de que as nenas e

os nenos aprendan a diferenza entre materiais illantes e condutores, descubran que a

tecnoloxía tamén pode producir música mesmo sen instrumentos, e se divirtan

traballando a escoita e a memoria. 


Este obradoiro tamén ten outra actividade co público de primaria, unha actividade que

xoga coa coordinación e a percusión corporal das nenas e nenos.

A idea é que o público asistente sexa quen de recoñecer e reproducir algúns dos

ritmos máis famosos da música do século XX. Para conseguilo as e os integrantes de

grupo usan seis cartolinas de cores nas que se poden ver representacións de

movementos corporais, por exemplo, poden verse nun dos debuxos dúas mans xuntas,

que indican que teñen que aplaudir nese momento. En total, hai seis cartolinas con

combinacions de debuxos (que marcan o movemento de percusión correspondente),

por cada dùas cartolinas

O desenvolvemento comeza con que dos tres grupos nos que se dividen as nenas e os

nenos que acoden a este obradoiro, dous de eses grupos van a esta parte do


obradoiro, e, cada un vai a un grupo de alumnado de ESO que ten dúas cartolinas.

Cando xa están divididos, ensinanlles as cartolinas e explicanlles que é cada imaxe.

Unha vez feito iso, a profesora pon a música que contén un dos dous ritmos das

cartolinas e o grupo dese ritmo fará en orde a percusión que indique a cartolina; todo

isto débese facer ao tempo que soa a canción, de maneira coordinada, que é o

obxectivo principal desta parte do obradoiro.



Comentarios

Entradas populares