Sinfonías Martín Codax: un mundo de son

A semana cultural é un proxecto que levamos a cabo todos os anos no que se

pretende pór o alumnado de secundaria no lugar do profesorado, que se enfronte ás

dificultades de transmitir coñecementos a un público ao que hai que interesar,

informar e divertir. Os rapaces e rapazas teñen que crear unha serie de obradoiros

relacionados cun tema común, para despois, durante catro días, presentarllos á

rapazada de infantil e primaria.



Pero, como xurdiu esta idea tan especial? A finais do milenio pasado existían unhas

charlas por parte de persoeiros invitados cara ao alumnado nas cales a intención era a

de impulsar o uso da lingua galega fóra da aula, o que foi derivando nun xerme

chamado Semana das Letras. Nesta época o público era principalmente o alumnado

de 7º e 8º de EXB e acudían polas tardes, fóra do horario escolar, e de forma

voluntaria.

Co cambio de milenio, a natureza da actividade transmutou, e máis e máis profesores

sumáronse ao proxecto, e coa incorporación de actividades do ámbito científico

optouse por renomear o evento como Semana Cultural. Xa non só se buscaba

potenciar a nosa lingua, senón tamén mostrar que o seu uso importa en todos os

ámbitos da vida. A raíz desta metamorfose, decidiuse centrala exclusivamente en

proxectos desenvolvidos man a man polo alumnado e mais o profesorado, co fin de

expoñelo á rapazada de primaria e infantil.

Neste sentido, a primeira actividade científica da Semana Cultural consistiu nun

sistema solar teatralizado coa intervención dun alumno disfrazado do mismísimo Isaac

Newton e outras persoas representando cada un dos astros do noso sistema, mentres

o profesor Newton explicaba cada un dos datos relevantes. Esta idea foi un rotundo

éxito, o que fixo que máis mestres e alumnos, impresionados polo bo recibimento e

resultado desta proposta, se animasen a participar.

Así, tras unha morea de anos con temas tan interesantes como “Os sentidos”, “O

cinema” ou “A moda”, chegamos ao día de hoxe, onde todo o profesorado e alumnado

de secundaria participa nunha dinámica entretida e única.

Este ano os obradoiros están adicados á música, e tratarán o tema dende diversos

puntos de vista. Vaise falar de como a música afecta o cerebro, de como podemos

atopar as matemáticas dentro da música; de cancións que moveron o mundo; de

música que non é música, como o canto dos paxaros; e un enorme etcétera.

Como todos os anos, o alumnado de ESO está eufórico coa dinámica, e cun tema tan

emocionante coma a música as opcións estenden o horizonte desta fermosa tradición.

Dende o obradoiro de xornalismo temos o deber e o pracer de informar a todas as

persoas interesadas no avance desta dinámica anual, tan característica do colexio e

que sempre encanta a todas persoas involucradas nela.

E con isto damos o pistoletazo de saída a Semana Cultural e queremos invitarvos a

visitar as nosas redes sociais para tervos informados ao longo desta marabillosa e

cultural semana.

As nosas redes sociais:


www.semanaculturalmc26.blogspot.com

FB: Colexio Martín Codax


Unha gran aperta do equipo de xornalismo deste ano 2026.

Comentarios

Entradas populares