A muller na música
Para comezar esta travesía queremos facervos unha pregunta: cantas compositoras dos
séculos XVI ou XVII coñecedes? Se nós non nos trabucamos, probablemente a vosa resposta
ha ser a mesma, non coñecedes ningunha, ou case. Un bo exemplo dunha compositora desta
época e Clara Schumann, unha compositora e intérprete alemá moi valorada na tradición
musical.
A música durante gran parte da nosa historia foi feita por homes, debido á tradición
patriarcal da nosa cultura, que afondou nunha evidente desigualdade de xénero.
Hoxe, as mulleres son unha parte indispensable da escena musical. Malia que no pasado
foron silenciadas culturalmente, o paso do tempo permitiu que pouco a pouco se fose
recoñecendo a todas elas, o seu esforzo e as suas dificultades para integrar o cánon musical.
Neste obradoiro imos poder ver un espazo onde descubriremos que as mulleres tamén
poden ser grandes
compositoras. Imos coñecer as súas historias e as dificultades coas que se atoparon para
chegar ao estrelato.
Agora, imos a achegarnos a algunhas cantantes de cada época para ver e recoñecer o
esforzo que tivo cada unha destas grandes mulleres:
A primeira cantante da que imos falar é Aretha Franklin, tamén alcumada Queen of soul (A
raíña do soul). A súa vida, aínda que grandiosa por prestixios como quedar no primeiro lugar
dos 100 mellores cantantes de tódolos tempos, segundo a publicación musical, Rolling
Stone, no ano 2008, tamén foi tráxica. Esto é debido a que tivo dous embarazos precoces e
sufriu de violencia doméstica. A canción coa que gañou a súa fama foi Respect, no ano 1967.
Tamen imos ver a Gloria Gaynor. Nada en 1943, comezou a súa carreira nos anos sesenta
coa banda Soul Satisfiers. I Will Survive foi o seu éxito máis grande e foi unha das primeiras
cancións escritas dende a perspectiva dunha muller.
A seguinte artista é Madonna.Nada no 1958 e é alcumada a quot.Raíña do Pop.quot;. É un ícono dos
séculos XX e XXI, como sabemos ben os afecionados do Celta, e é mesmo obxecto de
numerosas obras académicas, literarias e artísticas. Varios dos seus sencillos chegaron ó
número un nas listas de vendas, como é o caso de himnos do calibre de Like a Virgin,
Material Girl ou Hung Up.
Variando un pouco de tematica temos o primeiro conxunto da lista, as Spice Girls, orixinarias
de Londres. Coa incrible e marabillosa cifra de 100 millons de discos vendidos poden ser
consideradas o grupo femenino mais exitoso e influente dos anos 90.
Björk, nada o 21 de novembro de 1965, é unha artista femenina islandesa que viviu o seu
maior momento de fama nos anos noventa e o inicio da primeira década do novo milenio. É
a maior influencia feminina da música experimental de todos os tempos e unha gran
activista feminista, pro-palestina e dos dereitos LGTBQ+. Un ano despois do lanzamento do
seu segundo álbum, Post, houbo unha situación na que un home a acosou e tivo unha
relación parasocial con ela. Este home tentou asesinala cunha bomba e un libro que cuspía
ácido por correo. Afortunadamente, o servizo de correos do Reino Unido, onde residía por
aquel entonces, conseguiu detectar e deter o paquete antes de que chegase a ela.
Britney Spears, nada no ano 1981 é unha das maiores cantantes femeninas da historia. Foi
moi influente no resurximento do pop adolescente. Comezou a súa carreira con actuacións
dende nena con papeles en producións teatrais arredor do 1994 e no 1999 lanzou o seu
álbum debut, ...Baby One More Time, que é o álbum máis vendido feito por unha artista
adolescente. Ao ser tan popular, tivo problemas cos paparazzi e sexualización.
Taylor Swift é unha das cantantes máis coñecidas da actualidade e a muller mais rica e con
máis ventas de tódolos tempos, pero todo comezou co seu primeiro disco country, Taylor
Swift.
Despois de firmar con Republic Records en 2018, poido volver a grabar os seus álbumes de
Big Machine debido a unha pelea de sellos discograficos e comezou un debate sobre os
dereitos dos artistas sobre a súa música.
Billie Eilish, nada nos Ángeles en 2001. Aunque sea sorprendente publicou o seu primer
sencillo con 14 anos chamado Ocean Eyes coa axuda do seu irmán, que participou na
produción e a letra. Pero no estudio debutou co álbum When We All Fall Asleep, Where do
We Go? Esta artista na súa larga lista de logros ademais do prestixio de encabezar a lista de
maiores cancións de 25 países, tamén ten numerosos Grammies.
Tamen como unha mencion honorífica temos ás Fillas De Cassandra, que representan a nosa
terra galega. Este dúo musical foi formado no 2022 e a súa música está baseada na tradición
galega, o feminismo e a mitoloxía grega.
Este obradoiro proposto por Rosa e Vane achéganos á vida de cada unha das cantantes
femininas máis relevantes na escena musical dende o ano 1967 ata agora. Os alumnos que
participan na preparación do obradoiro M de música, M de muller; investigan sobre as
mulleres máis importantes da escena musical e crean recunchos nos que se lle ensinará aos
nenos de 1º e 2º de primaria sobre as súas vidas e algunhas dificultades. Neste obradoiro
tamén se inclúe a elaboración de instrumentos de percusión.
O fin deste obradoiro é, sen dúbida, axudar ás nenas e nenos de primaria aprender as
dificultades que tiña a muller na industria musical e cómo foron desaparecendo pouco co
paso do tempo, remarcando a influencia do feminismo na nosa sociedade actual.

Comentarios
Publicar un comentario