Begoña Caamaño e a música

Dende hai moitos anos, o Colexio Martín Codax fai en cada semana cultural unha obra

teatral sobre a persoa homenaxeada no Día das Letras Galegas. O Día das Letras

Galegas é unha celebración de Galicia que trata de destacar o papel que algunhas

persoas tiveron na defensa, promoción ou divulgación da lingua e/ou da súa literatura,

e que aportaron seu gran de area para que o galego siga vivo.

Este 2026, a persoa homenaxeada foi Begoña Caamaño, unha escritora e xornalista

viguesa. Desafortunadamente, faleceu no 2014 con 50 anos de idade debido a un

cancro de páncreas.


A obra consiste nunha entrevista a Begoña Caamaño na Radio Galega, onde queren

coñecer os seus pensamentos. O escenario, tras o primeiro diálogo entre os

entrevistadores e Begoña, transfórmase oníricamente no pensamento da autora, o

público instálase dentro da súa cabeza. Deste xeito, diferentes actores e actrices irán

debullando os diferentes pensamentos e facetas do activismo cultural desta persoa:

-O pensamento feminista: foi colaboradora nas revistas feministas galegas Festa da

Palabra Silenciada e DeLiberadaMente. Tamén interviu en varias performances e

manifestacións contra a violencia de xénero e a favor do aborto. Mesmo foi unha

promotora da Asociación de Mulleres Galegas na Comunicación (MUGACOM) co fin de

defender o trato igualitario no ámbito laboral.

-A defensa da lingua: foi membro de Mulheres Nacionalistas Galegas e foi unha

colaboradora activa da campaña "Dou a cara", organizada polo Bloque Nacionalista

Galego contra o decreto do plurilingüismo do Partido Popular do 2012, que propuña

un límite do uso da lingua galega na ensinanza non universitaria.

-O activismo sindical: foi membro do comité de empresa da Radio Galega e presidiu o

Comité Interempresas da Corporación de Radio e Televisión de Galicia. Foi unha das

persoas que denunciou a manipulación do medio público galego tras o afundimento do

Prestige no 2002.



Para relacionalo co tema desta Semana Cultural, a música, tamén haberá algún "DJ" no

seu cerebro que estimulará os seus pensamentos mediante a música. Este obradoiro

achéganos á idea de que o galego, tal e como o estamos tratando, pode chegar a

desaparecer, e tanto o público como o elenco desta obra de teatro vai coñecer unha

das activistas máis importantes en defensa da preservación do galego.

En definitiva, este obradoiro é unha maneira de concienciar as nenas e nenos sobre a

necesidade de defender a nosa lingua dun xeito comprensible e divertido para todas as

idades e invita o alumnado de ESO a traballar a súa capacidade representativa e de

traballo en equipo.


As actrices e actores, malia que senten que o tempo de preparación en relación ao

guión e as horas de ensaio non sempre son as desexadas, están dándoo todo para

asegurar unha boa experiencia para as pequenas e pequenos da escola.

Comentarios

Entradas populares