Historias plegables

Cando eramos cativos adoitabamos escoitar historias narradas pola nosa nai ou pai, avoa ou

avó. Esta é unha tradición que se mantén en case calquera cultura de calquera lugar do

mundo. Gustaríavos viaxar ao antigo Xapón e coñecer os seus teatros ambulantes? Ou

afundirvos entre música e contos nos que axudades os protagonistas? As nenas e nenos

aprenden xogando e escoitando historias con fondo pedagóxico neste obradoiro no que a

educación é divertida.

No obradoiro “Contacontos rítmico” o alumnado cóntalles unha historia ás nenas e nenos

de primeiro e segundo de primaria. O obxectivo é que o público poida interactar na trama.

Por exemplo, “cando se rompe unha guitarra no conto, teñen que facer un xogo para

reparala”, sinala unha participante do obradoiro.

Para contar a historia empregan a técnica Kamishibai, que en xaponés significa literalmente

“Teatro de papel”. Trátase, como o seu nome indica, dun teatro ambulante para contar

historias. Orixinouse nos templos budistas de Xapón no século XII, onde os monxes usaban

pergamiños nos que combinaban imaxes con texto para contar historias. Estes tiñan como

obxectivo transmitir ensinanzas importantes para o bo funcionamento da sociedade.



Por tanto, fixeron un teatro de cartón con decorados de papel para que as nenas e nenos

visualicen mellor o conto.



A historia que contan trata dunha nena e o seu avó. Este ensínalle a tocar a súa vella

guitarra, pero co paso do tempo, ela dáse conta de que o seu avó está perdendo audición,

polo que decide axudarlle tocando a guitarra na rúa co obxectivo de conseguir os cartos

necesarios para mercarlle uns audífonos que lle permitisen escoitar mellor.

Polo que respecta ás actividades, as nenas e nenos non só escoitan o conto; tamén bailan,

buscan e traballan en equipo. Teñen que atopar as pezas dunha guitarra de cartón e unilas,

reunir moedas para axudar os personaxes da historia e bailar con música galega para sentir

o ritmo da historia.

Durante o proceso de formación, as e os estudantes dividíronse en grupos; unhas persoas

encargáronse de crear a historia, outras o traballo feito a man (como o teatro, os fondos do

decorado, a guitarra e as moedas) e un pequeno grupo preparou o baile.



Neste obradoiro o alumnado de primaria divírtese escoitando un conto e xogando coas

actividades que preparou o alumnado de secundaria, de forma que aprendan que a música

pode cambiarnos a vida, como conta a historia que narran, na que o avó consegue volver a


escoitar grazas a que a súa neta reúne os cartos necesarios para mercar os audífonos

tocando na rúa. Isto ensínanos o valor da perseverancia, de non rendernos nunca.

Comentarios

Entradas populares