Despedida e peche

Vedes as outras publicacións neste blog?

A información que vos chega por estos medios dixitais non sae da nada, nin da IA.

Somos nós, o equipo do obradoiro de prensa da escola, o encargado de informarse

para informarvos, e facémolo con moito esforzo pero tamén con moito gusto.

Antes de nada, cando nos incorporamos a este obradoiro, antes mesmo da creacion do

blog, tivemos que investigar e aprender sobre o mundo do xornalismo e a súa

linguaxe, que ten características moi precisas:

 As 3 C: claridade, concisión e concreción.

 As 6 W: what (qué), who (quen), where (onde), when (cando), why (por que) e

how (como). A estrutura dos artigos baséanse na articulación das respostas

correspondentes a estas preguntas.

 Tamén as maneiras de atraer ao público cunha introdución axeitada aos textos.

Por exemplo a arte de titular con titulares directos, titulares gancho ou titulares

pregunta, por exemplo.

Neste obradoiro somos 16 persoas, divididas en sete grupos de dúas ou tres persoas.

Cada grupo fai por volta de tres artigos, algúns chegando a facer catro. Detrás da

publicación de cada artigo agóchase un montón de esforzo: investigamos o tema,

observamos a preparación e desenvolvemento do obradoiro no que se enfoca o artigo,

falamos coas persoas implicadas, organizamos o texto, escribímolo, modificámolo,

corrixímolo...

Este equipo practicou moitas formas de investigar sobre os obradoiros e os seus

temas, entre elas, entrevistas co profesor ou profesora encargados do respectivo

obradoiro, co seu alumnado, a consulta de información ampliada sobre o tema do

obradoiro para entender ben o que alí se fai, tanto en internet como noutros artigos

de xornais, etc.

Os artigos resultantes desta investigación son publicados neste blog e enlazados á

páxina de Facebook da escola, incluíndo mesmo preguntas sobre os artigos publicados,

para que calquera persoa poida tomar a medida das cousas que puido chegar a

aprender coa lectura dos artigos (non esquezamos que somos unha escola e que as

cabras tiran ao monte).

Este obradoiro é como unha anomalía na Semana Cultural, sendo o único obradoiro

que non segue directamente o tema da mesma, o único obradoiro no que as nenas e

nenos de primaria non entran e se traballa coa porta pechada. Tamén somos os únicos

que podemos ver todos os outros obradoiros mentres facemos o noso traballo.

A forma de investigar e a experiencia vivida fixo que aprenderamos unha morea de

cousas que seguro nos han axudar no futuro. Este obradoiro foi unha experiencia

xenial e que nos deixou un gran sabor de boca.

E antes de pechar este texto, dende o obradoiro de xornalismo dámosvos as grazas e

unha aperta por ler e seguir este blog ata o final. Esperamos que a lectura fose

entretida e que teñades disfrutado connosco.


Ata pronto!



Comentarios

Entradas populares