Escoitando cores

Algunha vez pensaches en como sería escoitar a túa canción favorita e ver distintas cores

aboiando na túa mente? Hai persoas que teñen unha peculiaridade biolóxica que fai que

asocien sensacións percibidas por sentidos diferentes, como escoitar cores ou saborear

palabras, e tal característica chámase “sinestesia”.

O tipo máis común de sinestesia acostuma a ser a cromostesia, é dicir, mezclar o sentido da

vista co o do ouvido.

Moitos artistas famosos teñen esta rama da sinestesia, coma a cantante de pop Billie Eilish,

o pintor de arte abstracto Kandinsky ou o cantante Miguel Bosé.

Neste obradoiro, o persoal de secundaria realiza diferentes actividades en grupos cuxo

obxectivo principal é plasmar graficamente o que o alumnado de terceiro e cuarto de

primaria sente a través da música. As actividades consisten en pór cancións aos grupos de

primaria e a partir de aí facer manualidades que expresen o que senten ao escoitalas.

Patricia, coordinadora deste obradoiro, elixiu a súa proposta en base á súa materia. “A idea

da música, ao ser profesora de plástica, levoume directamente a pensar na sinestesia”. Con

esta idea en mente, o alumnado preparou este obradoiro.

Polo que respecta á organización dos grupos, a clase está dividida en tres partes:

Na primeira, explícanlles ás nenas e nenos o que é a sinestesia coa axuda de carteis e

dánlles uns libros feitos con folios para que debuxen de forma abstracta o que lles

transmitan as distintas cancións que lles poñan.




Na segunda, fálanlles dos vinilos e a rapazada escoita dúas cancións, e teñen que debuxar

nun vinilo feito de cartón as emocións que sintan, dun xeito máis figurativo que abstracto, é

dicir, en vez de facer formas aleatorias, centrarse en paisaxes, rostros, animais...etc.


Por último, as nenas e nenos bailan con cuatro cancións para logo pintar pegadas de cores

coas súas mans nun papel continuo.


No obradoiro hai outro grupo a maiores, formado por seis persoas, que se encarga de pintar

o muro do colexio, no que cada ano engádense novos murais con temática das Letras

Galegas do propio ano.




Neste ano, como as letras Galegas están adicadas a Begoña Caamaño, están a facer un

debuxo central no que destaca a súa figura cun símbolo da muller, debido á súa


participación en múltiples revistas feministas. Á esquerda debuxan o título “Letras Galegas”

e unha bandeira de Galicia, e á dereita do debuxo de Begoña faise un deseño dun globo

terráqueo representando a frase de Begoña Caamaño “Viaxar para ler o mundo, viaxar para

lerme”.



Respecto ás opinións dos grupos co obradoiro, amósanse contentos. “Apunteime a este

obradoiro porque me pareceu que nos daba moita liberdade en relación co que lle iamos

propor ao alumnado de primaria”. Ademais, están moi interesados; “Estamos emocionados

de ver como se expresan os nenos e nenas coas nosas actividades”.

En conclusión, no obradoiro A Sinestesia as nenas e nenos exploran a música dende un

punto de vista no que nunca antes pensaran; a plástica. E iso lles fai abarcar novos

territorios nos que poden expresar a súa liberdade plasmando os seus sentimentos no

papel.





Comentarios

Entradas populares