Expimentando co son!

Non podemos agochar a nosa alma celeste, e a verdade é que as ondiñas que veñen e

van nos fan vibrar sempre. Poida que Sesé, unha das nosas profes de matemáticas,

tivese un arranque de paixón cando ideou este obradoiro no que as ondas son as

verdadeiras protagonistas.



Este obradoiro para o alumnado de terceiro e cuarto de primaria comeza coa

preparación dos cinco grupos nos que se divide este obradoiro.

No primeiro grupo, a transmisión das ondas en distintos medios foi o tema elixido para

facer experimentos co público de primaria. A preparación comeza coa elaboración dos

experimentos que van facer co alumnado, o primeiro experimento vai sobre a

transmisión das ondas no medio acuoso, a preparación é con dous recipientes de

plástico rectangulares e abertos por arriba. Estes recipientes énchense de auga e a un

deles botáselle sal, para facer que sexa auga salgada.



O desenvolvemento da actividade comeza coa chegada dun grupo de 4 ou 5 persoas

de terceiro e cuarto de primaria a esta parte do obradoiro. O primeiro que se fai e

explicarlles o que teñen que facer. Teñen que golpear un diapasón e somerxelo na

auga, primeiro na dóce e despois na salgada. Ao facelo na auga dóce as ondas non se

dispersan, pero na auga salgada o sal fai que as vibracións se dispersen, facendo que a

auga salpique como se algo a golpease.



O segundo experimento trata sobre a transmisión das ondas no aire, facendo un

experimento sinxelo relacionado con candeas e osíxeno. Este experimento consiste

nun recipiente cadrado de cristal, cos bordes superiores con plastilina para que o son

que vai reproducirse dentro cun altofalante non escape, e cunhas candeas.

O experimento consiste en poñer boca abaixo o recipiente co altofalante e as candeas

prendidas. As candeas irán consumindo o osíxeno e cando xa non quede, a música

posta co altofalante deixa de soar. Isto pasa porque as ondas necesitan osíxeno para

poder moverse no aire.



O terceiro e último experimento trata sobre a transmisión das ondas de son nun medio

sólido. A preparación é moi sinxela, unicamente se usan dous vasos de plástico e un

fío. Os vasos son furados pola parte de abaixo, e metese o fío por ese buraco, nun vaso

un extremo do fío e no outro vaso o outro extremo, de maneira que queden

conectados.

A actividade coas nenas e nenos consiste en experimentar o desprazamento das ondas

sonoras a través do fío, de vaso a vaso, como unha especie de teléfono, un fala e o

outro pon o vaso no oído, escoitando o que o seu compañeiro di. Isto funciona porque

ao estar o fío moi tenso as vibracións poden viaxar polo fío dun vaso a outro.

En conclusión, esta parte do obradoiro ensina aos nenos e nenas que o son non se

transmite igual en todos os medios.


O seguinte grupo fai una actividade moi sinxela co alumnado, ensínaselles a fabricar un

instrumento de percusión. O instrumento que fagan depende do curso de que se trate;

primeiro veremos o de terceiro de primaria.

As rapazas e os rapaces de terceiro de primaria elaboran unhas maracas con dúas

culleres de plástico, unha pelota de plástico e arroz. Cóllense dous culleres e decóranse

pintándoas cuns rotuladores de cores e uns adhesivos de formas xeométricas con cor.

Despois de pintalas ao seu gusto, elixen unha pelota de plástico que tamén decoran. O

alumnado de ESO fará un pequeno corte ás pelotas para enchelas de arroz. Despois, as

culleres colócanse cos lados cóncavos enfrontados; nese lugar colocase a pelota e

pegase con silicona, de maneira que quede todo fixado, xa que tamén se pon cinta

adhesiva na parte media das culleres. Estas maracas quedan como recordo para a

persoa que as fai.


O público de cuarto de primaria elaborara un instrumento chamado axóuxere, que é

un instrumento cun pau principal que logo se divide en dous. O alumnado de primaria

colle unha tanza e fai un nó nunha división do pau e vai colocando unhas chapas

previamente furadas, de maneira que despois de meter unhas catro chapas, faise un

nó no outro extremo e o instrumento xa esta listo. As nenas e os nenos de primaria

tamén usan uns fíos de cores para decorar o pau, de maneira que ao acabar todo, con

sacudir o pau as chapas chocan entre elas e prodúcese o son. Este axóuxere tamén

queda como agasallo para a persoa que o fai.



O terceiro grupo cóntalles as nenas e nenos sobre as vibracións do son, con tres

sinxelos experimentos.

No primeiro deles, úsase un recipiente de cristal, no que colocan un altofalante e

recobren o recipiente pola parte de arriba con plástico de film. A continuación, o

público bota un pouco de azucre enriba do papel e elixen unha canción para que soe

no altofalante. Ao poñer a música, as vibracións do son fan que a azucre se mova,

demostrando así que as vibracións do son poden xerar movemento.

O segundo experimento trata de como poder ver o son, non directamente, senón ver

como ao falar un láser se move; entremos en detalle: o experimento consiste nunha

lata, un láser, un globo partido pola metade e un anaco de CD. Á lata se retíraselle a

parte superior e inferior, de maneira que quede completamente oco por dentro. Nun

deses lados, colocase un globo de maneira que tape completamente ese lado da lata.

Sobre o globo, colocaremos o anaco de CD, amarrado con un pouco de cinta adhesiva.

Para finalizar a preparación, colocaremos un tubo furado pegado ao lateral da lata,

usado para suxeitar un láser que apunta cara ao CD.

O público soamente ten que falar pola parte aberta da lata para poder ver como a súa

voz move o reflexo do láser na parede, xa que o CD reflexa a luz do láser cara a alí. O

experimento funciona xa que as vibracións da voz do público fai que o globo trema e

fai que tamén o faga o CD, o que fai que se mova o reflexo do láser grazas ás vibracións

xeradas pola nosa voz.



O terceiro e último experimento non ten moito misterio, simplemente úsase unha

aplicación que fai as funcións dun osciloscopio; o público toca instrumentos ou fala

para ver como as vibracións soben ou baixan no osciloscopio.

En conclusión, nesta parte do obradoiro o alumnado aprende que son as vibracións

producidas polo son e poden observar exemplos de como funcionan.

O cuarto grupo fala de tres obxectos relacionados co son: unha caixa de

insonorización, un amplificador de son caseiro e como é un altofalante por dentro.

A caixa de insonorización consiste nunha caixa de cartón normal, que ten por dentro

todas as paredes recubertas de caixas de ovos. O alumnado de ESO pon música nun

teléfono móbil e, ao metelo na caixa de insonorización, deixa de escoitarse case

completamente. Isto débese a que as ondas do son rebotan nas formas irregulares das

caixas de ovos, de maneira que parte do son é absorbido polos ocos, e outra pequena

parte rebota en diferentes direccións, o que fai que as ondas reboten entre si e o son

non se amplifica.

O seguinte do que se fala é de como funciona un altofalante. A explicación comeza

explicando e ensinando unha bobina cilíndrica e uns potentes imáns. Isto úsase no

altofalante para converter as ondas eléctricas en enerxía mecánica, e esta en enerxía

acústica, e dicir, o sinal que mandas ao altofalante convértese en enerxía mecánica

que acaba xerando a enerxía acústica, e dicir, a música.

No último experimento caseiro, explican como crear un amplificador de son. Úsase un

tubo alongado de cartón cun burato co tamaño da parte inferior dun telefono móbil e

dous vasos de cartón cuns buratos nunha das paredes de cada vaso, polo que se

introducirá o cilindro, de maneira que o son que vaia polo cilindro chegue a os vasos,

estes vasos colócanse un en cada extremo do cilindro.



Isto funciona de maneira que cando colocamos o móbil no burato e poñemos música,

as ondas do son rebotan entre elas de maneira que se amplifican e ao chegar aos vasos

soan máis alto, como se fose un altofalante.

O quinto e último grupo fala sobre o movemento das ondas do son, con tres

experimentos.

O primeiro deles é unha maquina de ondas, que ensina como se moven as ondas do

son cuns paus e plastilina. Os paus únense con cinta adhesiva, deixando un espazo

entre eles, e colocando dúas pelotas de plastilina por pau, unha en cada extremo. Ao

xuntar uns vinte paus, cando se move o último dun dos lados, crea unha secuencia na

que todos os demais se moven de maneira similar ás ondas.



O segundo experimento chamase péndulo de ondas, tamén vai sobre o movemento

das ondas: elabórase con tres paus de madeira, dous deles en vertical e o outro en

horizontal unido pola parte de arriba dos outros dous. A estrutura está suxeita de


maneira que ao colgar unhas pelotas de golf cuns fíos, usan unha táboa de madeira

para poder balancear todas as pelotas á vez, ensinando o movemento das ondas, xa

que estas se moven consecutivamente pero nunca chegan a tocarse.



O derradeiro experimento usa unha caixa de madeira rectangular cortada pola metade

e dous diapasóns. Cada metade esta furada na parte superior para poder colocar os

diapasóns. O experimento funciona de maneira que se xuntan as dúas metades e,

cando se golpea un diapasón, o son viaxa por dentro da caixa, e chega a escoitarse

cando público coloca a orella preto do outro.



En conclusión, este último grupo demostra ás nenas e nenos de primaria que é e como

é o movemento das ondas sonoras cuns sinxelos e divertidos experimentos.

En definitiva, este obradoiro móstralles ás nenas e nenos o funcionamento físico do

son, como pode ser os medios de transmisión das ondas, ou as vibracións delas, todo

isto apoiándose en experimentos sinxelos e moi ben executados para que o público de

primaria entenda todo e saia da actividade cunha moi boa sensación.

Comentarios

Entradas populares