Historia dos aparellos de reprodución de música.

A historia da música cambiou radicalmente cun adianto tecnolóxico

fundamental: os primeiros aparellos que permitiron o rexistro ou gravación de

pezas musicais. Antes disto só se podía escoitar música en directo.

Algunhas alumnas e alumnos de 1º e 2º de ESO, aos que lles interesou este

tema das gravacións de son, atrevéronse a participar neste obradoiro e para

transmitirlles os coñecementos aprendidos aos rapaces de 1º e 2º de primaria,

o alumnado participante plantexa dúas actividades:


Un primeiro subgrupo da primeira actividade encárgase de facer unha pequena

introdución, a través dunha liña do tempo, da historia dos aparellos de

reprodución musical.



O primeiro reprodutor que atopamos nesta liña é a caixa musical, un

instrumento, creado por Antoine Favre, que deu un grande paso no mundo da

reprodución. Utilizaba un mecanismo cun fino peite metálico con dentes de

lonxitude diferente que, percutido por unhas protuberancias situadas nun

cilindro, provocaba vibracións que producían son. Xogando coa disposición das

protuberancias pódense crear diversas melodías (sinxelas).


Con posterioridade Thomas Alva Edison, en 1877, creou o fonógrafo, que tivo

un papel crucial na Primeira Guerra Mundial (1914-1918). O seu impacto

sentiuse principalmente nas trincheiras, nos hospitais e nos fogares,

converténdose nunha ferramenta esencial de entretemento e conexión

emocional. Funcionaba grazas a un cilindro de cera ou papel de estaño,

chamado “rexistro” que tiña gravados un sucos. Despois unha agulla seguía os

sucos facendo vibrar un diafragma e podía reproducir de forma débil os sons


O gramófono é unha mellora que xorde do fonógrafo. Parte da mesma

tecnoloxía que o fonógrafo, pero emprega discos planos en lugar de cilindros

para gravar os sucos que despois vai ler a agulla. Este invento llo debemos a

Alexander Graham Bell.


A radio inventouse no 1895 e é un medio de comunicación baseado na

transmisión de sinais de audio a través de ondas electromagnéticas

(hertzianas) que non requiren un medio físico de transporte, permitindo a

comunicación a distancia. A primeira transmisión de voz foi en 1906.


Anos despois chegou o xiradiscos que empregaba discos de vinilo, en 1940.

Utilizaba motores eléctricos que facían que o prato xiradiscos rotase a unha

velocidade constante para conseguir unha maior fidelidade no son.


Posteriormente, no 1964, chegaría o Casete Compacto, que revolucionou a

reprodución grazas ao proceso de miniaturización, permitindo que, debido ao

seu pequeno tamaño, puidésemos levar a nosa música connosco. Tamén

podía reproducir os novos métodos de gravación de sons ou vídeo en cinta

magnética, que posuía patróns de partículas magnéticas que eran lidas polo

reprodutor e as representaba mediante sons.


En 1982 chegou o reprodutor de CD, siglas de “Disco Compacto”, ofrecendo

son dixital sen desgaste físico. No seu momento parecía o sistema definitivo,

pero non foi así.


Máis tarde, no 1997, apareceron os reprodutores MP3; foron os primeiros

dispositivos en poder reproducir arquivos de audio comprimidos sen soporte

físico.


Napster foi un servizo de distribución de arquivos musicais (en formato MP3) e

pioneiro nas redes de intercambio P2P. A súa popularidade comezou a inicios

dos 2000, xa que a súa tecnoloxía permitía aos afeccionados á música

compartir facilmente as súas coleccións musicais MP3 con outros usuarios.


Como consecuencia da facilidade para almacenar e compartir arquivos

musicais, pouco a pouco os vellos medios de reprodución fóronse vendo

substituídos polos teléfonos móbiles.


O segundo subgrupo da primeira actividade é o encargado de mostrar o

funcionamento dun fonógrafo, que foi construído por eles mesmos

manualmente. En primeiro lugar colocaron dúas pezas de madeira enriba

doutra base do mesmo material, a modo de soporte; en ambas fixeron buracos

á mesma altura, para despois meter unha barra metálica na que colocaron un

cilindro con cinta ao redor coas vibracións dos sons impresas na súa superficie.


No mesmo soporte tamén cravaron unha peza de madeira con buracos, e no

final desta última outra peza estreita, longa e en posición vertical con propósito

de apoiala no cilindro anteriormente mencionado e recrear os sons gravados.

Por último colocaron unha roda cunha manivela no final da barra metálica para

facela xirar. Un gran traballo.


Ademais, lle explicaron á rapazada como son por dentro algúns reprodutores

musicais, como o reprodutor de cassettes ou o de CD, e explican en detalle a

súa finalidade e funcionamento.


Para rematar esta primeira actividade, as nenas e nenos de primaria acaban

facendo puzzles sobre reprodutores musicais.


O segundo grupo explícalles ás e aos nenos a diferenza entre melodía e

canción, creando uns xogos para entreter a rapazada mentres lle ensinan que

a música dos videoxogos tamén pode transmitir sentimentos.


O primeiro xogo consiste en reproducirlles ao alumnado unha canción

procedente dun videoxogo e, tras escoitala, teñen que adiviñar o nome deste

último e dicir que sentimentos lles transmite.


O segundo xogo é simple, trátase dun Quen é quen? con portadas de series e

videoxogos.


Outro xogo consiste en inventar unha banda sonora con instrumentos (un

xilófono e varios instrumentos de percusión) a partir dunha imaxe dun

videoxogo; Con posterioridade lles poñen a canción orixinal do videoxogo e lles

piden que a interpreten cos mesmos instrumentos, e así comparar a súa

versión coa orixinal.


O último xogo é unha versión musical do Xogo da Oca, cuns recadros

especiais con preguntas sobre o tema central da semana cultural, a música.



En conclusión, este obradoiro serve para que as e os rapaces máis pequenos

vexan e entendan a orixe e a historia dos aparellos de reprodución desde os

máis antigos e rudimentarios ata a actualidade e, ademais, se divirtan

facéndoo.

Comentarios

Entradas populares