Música en vivo na escola: EXERIA

Hoxe vén á nosa escola a banda musical Exeria. Hai xa uns vinte anos que se segue a tradición de que o último día da Semana Cultural veña un grupo de música feita en Galego a dar un concerto en vivo e en directo.

Exeria é un grupo musical formado por catro integrantes que fai música en galego cun estilo influenciado polo grunge e o rock dos anos noventa, alternando o formato acústico e o eléctrico.

O seu nome nace en homenaxe á figura de Exeria. Foi unha muller hispanorromana do século IV, procedente de Gallaecia, que escribiu sobre a súa viaxe pola Península Ibérica e foi a primeira muller en facer un relato de viaxes no ámbito peninsular. 

A banda xurdiu despois da pandemia. Cando rematou, tiñan gañas de xuntarse para tocar e facer novas cancións. Conta Mateo, o vocalista, que a idea era facer grunge porque os outros tres mozos que formaban a banda estiveran antes nun grupo tributo a Nirvana chamado “School”, e a Miguel, o baxista, ocorréuselle a idea de seguir facendo este tipo de música.

O seu primeiro EP, “Sobre a Independenza”, lanzado en Marzo de 2024, está formado por cinco cancións, nas que falan de superar as adversidades que nos van xurdindo na vida.

Tivemos a sorte de poder falar con eles e facerlles unha pequena entrevista:


É a primeira vez que tocades nunha escola?

Como grupo si, pero algúns de nós xa tiveramos tocado coas nosas antigas bandas.

Como vos coñecestes os integrantes do grupo?

Xa eramos amigos de antes.

Que vos levou a formar a banda?

Cando rematou a pandemia, decidimos xuntarnos e tocar, tiñamos ganas de saír.

En que vos inspirastes para facer o voso primeiro tema?

Queriamos representar a rebelión contra a autoridade.

Na actualidade o grunge e o rock non son os estilos máis escoitados, credes que foi unha boa decisión facer música de este estilo?

Comercialmente é obvio que non é unha boa idea, pero para perseguir os nosos gustos si que o é.

Que vos levou a escoller o galego como lingua vehicular?

É a nosa lingua, e por iso decidimos facer as cancións nela, a pregunta é por que non empregala.

Hai algo que lle queirades dicir ao alumnado do Colexio Martín Codax?

Esperamos que poidades seguir as vosas afeccións. Non vos rindades nunca, difícil non significa malo. Facede o que queirades mentres non vaiades por aí cometendo ilegalidades. 




Comentarios

Entradas populares