Opinions da semana cultural
Ata agora, os integrantes do equipo de xornalismo escribimos sobre as actividades
desta Semana Cultural, pero... que pensa a rapazada desta actividade?
Dende os nenos e nenas de primaria, como todos os anos, atopamos unha recepción
moi positiva, e como din as e os nenos, incluso mellor que outros anos. Según as
testemuñas do alumnado, “o tema desta semana cultural fixo que os obradoiros non
foran repetitivos”. Esta opinión é xeneralizada, facendo que a música brille dente
todos os ángulos. Tamén destacan o esforzo do alumnado de secundaria, que os nenos
califican como un traballo excelente e un gran esforzo pola súa parte.
O profesorado de primaria comparte a opinión dos alumnos, engadindo que se logrou
chegar moi ben á rapazada, non so explicando a teoría, tamén con elementos lúdicos
cos que as nenas e nenos desfrutan dun proceso de aprendizaxe cheo de diversión.
O profesorado de secundaria fala de que notaron aos integrantes dos seus obradoiros
verdadeiramente implicados. Moi probablemente, este entusiasmo está relacionado
co tema, xa que, grazas á súa amplitude, todos os participantes puideron atopar un
obradoiro acorde cos seus gustos e intereses formativos.
En xeral, á inmensa maioría do alumnado e profesorado marabilloulles a posta en
escena da Semana Cultural deste ano, deixando o nivel moi alto cara ao ano que ben.
Comentarios
Publicar un comentario