Que é o son?


A música abrangue moitísimos espazos que fan que para nós teña a importancia que ten; por exemplo, quen non sentiu a necesidade perentoria de mover un pé seguindo o ritmo da Muiñeira de Chantada, ou de erguerse e pórse a bailar cando está escoitando a súa peza favorita, Varre vasoira das Fillas de Cassandra, por dicir unha? 

As e os rapaces que traballan con Luis investigan as relacións entre corpo e música a través do suxerinte mundo da danza. Para conseguilo, primeiro teñen que indagar no mundo da ciencia para analizar como viaxa o son a través do aire e como o cerebro o analiza e interpreta. Ademais investigan os gustos de cada un dos integrantes do obradoiro para poder realizar actividades do máis interesantes.

Dividiron a aula en catro pequenos grupos para elaborar diferentes actividades de experimentación co son:

En primeiro lugar atópase unha sección científica na que un grupo de cinco integrantes encárgase de explicar como o noso cerebro interpreta o son, o ritmo e investigan como viaxa as ondas do son polo aire mediante una exposición previamente feita.





Un grupo composto por catro integrantes se encargan de elaborar varias coreografías, dende as máis modernas, ata as máis tradicionais, para que as pequenas e pequenos de primaria as intenten replicar. Son os responsables da sección artística. 




Como seguinte actividade fan unha sección gráfica na que un grupo composto por  membros membros encárgase de explicar a nenas e nenos como se representan as distintas melodías nun pentagrama. Para conseguilo van dispoñen dun gran pentagrama colocado na parede do que van colgar unhas secuencias de notas e figuras musicais para facer melodías. 



Por último actividade temos a sección de mestres de cerimonia, formada por catro  persoas que se van ocupar da realización de pequenas actividades nas que os nenos de primaria porán a proba o seu ritmo, como por exemplo con actividades de palmas ou de movemento pola clase. 

Ao final das actividades realizan unha posta en común onde o alumnado de primaria debate temas curiosos de interese xeral como por exemplo: como viaxa o son por contornas sen aire, nas que o baleiro é total ou como afecta a música a o noso día a día?

En conclusión temos un obradoiro onde as nenas e nenos de primaria teñen un moi divertido rato, no que porán a proba o seu ritmo e aprenderán moitas curiosidades sobre o son e a música.



Comentarios

Entradas populares