Un entorno musical
O mundo que nos rodea está cheo de sons. Algúns son certamente desagradables,
como o provocado cunha moeda contra unha encerado, outros son harmónicos e
melodiosos, como podemos comprobar no obradoiro de Lourdes, escoitando
marabillosos cantos de aves. Por iso, neste taller o alumnado de ESO constrúe unha
instalación sonora co tema que elas e eles queiran (chegando a un tema común coa
obra de teatro). Aínda que o tema principal da semana cultural é a música, cremos
convinte atopar un tema ou historia co que conectar os tres obradoiros artísticos.
Presentaránselles posibles temas para motivar a imaxinación:
- O mar
- O aire
- Os barcos
- Os sonos
Este obradoiro conta con dous apartados destinados ao descubrimento de novos
timbres e á interpretación de sons nun papel a través dun debuxo.
INSTALACIÓN SONORA
O alumnado que realiza este obradoiro, investigou sobre as calidades do son co
obxectivo de ofrecer explicacions detalladas ás alumnas e alumnos de primaria
ademais de guiar a súa exploración pola instalación que prepararon na aula de música.
O primeiro sitio que visitan é unha piscina chea de auga na que as nenas e nenos
simulan estar nunha praia e experimemtan cos diferentes sons que poderían existir
neste entorno.
Nun segundo tempo, as nenas e nenos xogan a crear sons coa area, cunchas e outros
materiais que podemos atopar nunha praia.
E nunha derradeira sección podemos manchar as mans nuns botes de pintura para
deixar as pegadas das nosas mans nun gran cartaz de papel.
Segundo Diego, o mestre de música responsable da actividade, esta investigación
fomenta a creatividade, xa que as alumnas e alumnos tiveron que decidir que obxectos
sonoros podían incorporar ao espazo deseñado. Trouxeron materiais da casa á parte
dos que a escola puido proporcionar.
Algúns exemplos de materiais e obxectos que poidan relacionar coas calidades do son:
a) Obxectos de metal (sons brillantes, longos, resoantes), como latas de distintos
tamaños, tapas de potas, chaves, cadeas, resortes, culleres, garfos, reixas
metálicas, parafusos, porcas dentro de botes, campaíñas, axóuxeres, bandexas
de forno, etc.;
b) Obxectos de madeira (sons secos, opacos, rítmicos): paus, listóns, caixas de
madeira, pinzas da roupa, paus chineses, morteiros, caixóns pequenos, etc.;
c) Obxectos de plástico (grande variedade tímbrica): botellas baleiras e con auga,
tubos, bolsas, envases de iogur, tapóns, palliñas, carpetas flexibles, etc.;
d) Obxectos de papel e cartón (sons fráxiles e expresivos): papel de xornal, cartón
ondulado, caixas, papel de lixa, tubos de cartón, etc.
COMPOSICIÓN GUIADA
Neste obradoiro o alumnado de ESO será o encargado de formar unha orquestra con
instrumentos feitos na casa. Estes instrumentos son proporcionados polos cursos de 1º
e 2º, que tiñan unha actividade previa de construción de instrumentos. Elixiron os
mellores instrumentos segundo a súa variabilidade sonora imitando a disposición
dunha orquestra real. Esta selección compleméntase coa investigación do obradoiro
previo sobre as calidades do son. Deste modo as alumnas e os alumnos de primaria
escollerán dentro desta orquestra os instrumentos que prefiren para elaborar unha
composición propia o máis orixinal posible.
Durante as sesions de preparación han ser formados nos principia da creatividade para
crear unha composición improvisada. Para realizar a composición, un estudante, a
modo de director, dirixirá a orquestra con sinais e consignas. As e os músicos, xa
formandos previamente, saberán perfectamente que facer cando o director ou
directora dea os pertinentes sinais. Deste xeito, o alumnado de primaria poderá
desenvolver con facilidade a súa creatividade musical e sonora cun grupo de
magníficos instrumentistas ao seu cargo.
Todo isto se basa no “soud painting” que se basa no arte da interpretación musical
basada nas expresions corparais das nenas e nenos de primaria.
En conclusión temos un obradoiro no que os nenos e nenas de primaria
experimentarán cos diferentes timbres existentes e aprenderán as diferentes calidades
e peculiaridades dos sons, como por exemplo como rebota. Tamén aprenden como
funciona unha orquestra e fan as veces de directoras e directores. Un obradoiro do
máis completo e divertido.
Comentarios
Publicar un comentario