Unha ópera infantil
Algunha vez tes ido a un concerto? E a unha obra de teatro musical? Á última pode que
non, pero as dúas son descendentes da ópera, o tema do que trata o obradoiro no que
se enfoca este artigo.
A ópera é unha das formas de representación musical máis completa. Inclúe canto,
orquestra, texto e artes escénicas. Este xénero ten unha longa historia que remonta
ata finais do século XVI, con pezas tan recoñecidas como Aida, Madamma Butterfly,
Nabucco ou L'Elisir d'Amore.
Este obradoiro, plantexado por Conchi, busca recrear a famosa ópera Turandotquot. A
obra trata dunha princesa chinesa que lle propón tres enigmas aos seus pretendentes,
coa ameaza da morte se fallan, xa que non quere casar. Esta ópera ten unha moi longa
historia e está baseada nun poema de Nezamí Ganyaví, un poeta épico persa.
No poema, As sete belezas, un príncipe persa ten sete princesas, entre elas unha rusa.
A princesa rusa non atopaba a ningún home digno dela e recluíuse nunha fortaleza.
Declarou que se entregaría ao home que a atopase e resolvese os seus enigmas.
A historia foi recreada por François de la Croix, un tradutor francés. Nesta obra faise
unha transformación cultural, convertendo a princesa rusa orixinal nunha princesa
chinesa chamada Turandokht. Esta transformación ten como fin acentuar o exotismo
da historia.
Partindo deste relato, Carlo Gozzi creou unha traxicomedia ao estilo da Commedia
dell'Arte italiana, no 1762. A ópera de Puccini está baseada nesta traxicomedia.
O motivo de centrar a actividade nesta ópera é que no mes de abril, se cumpriran 100
anos da súa estrea no Teatro alla Scala en Milán, no 25 de abril de 1926,
convérténdose nun importante fito na historia da ópera.
O alumnado que traballa neste obradoiro está dividido en tres grupos:
Un grupo que se adica á preparación do escenario e decorado, que logrou facer cun
grande esforzo un bo escenario, cos enigmas da Princesa Turandot escritos en chino ou
partes como o gong, a torre e, por último pero non menos importante, a lúa, que vai
sostida por unha corda e elévase cando canta o coro.
Un grupo que se encarga do deseño da maquillaxe e vestuario dos actores con
elementos feitos a man: kimonos, deseños ou máscaras que usan ao largo da obra,
todos inspirados polo vestiario da ópera orixinal e a ópera chinesa.
E por último, os actores e actrices, que adaptan o texto orixinal do italiano ao galego e
representan os protagonistas da obra, incluíndo as seccións cantadas.
O alumnado que participa na preparación desta adaptación tamén fai unha
introdución antes de comezar a actuación co fin de situar mellor as nenas e nenos no
mundo da ópera e da historia de Turandot.
As nenas e nenos de primaria aos que vai dirixida esta adaptación da ópera participan
nela representando os papeis dos cidadáns de Pekín e outros personaxes secundarios,
facendo tamén de coro da ópera. Ao rematar a actuación dos actores e actrices, os
nenos tamén interpretarán todos os roles da obra e cara o final do obradoiro tanto
actores e actrices coma nenas e nenos cantan a famosa aria de tenor Nessun Dorma en
italiano.
Este obradoiro, sen dúbida, busca que as e os alumnos se acheguen a unha arte quizais
un pouco descoñecida para eles. Quen máis quen menos ten asistido a concertos,
obras teatrais, monólogos cómicos e outros espectáculos, pero a ópera poida que sexa
unha grande descoñecida. O recoñecemento desta antiga arte por parte das novas
xeracións é un obxectivo destacable e importante, a máis de ampliar as súas
capacidades representativas.
O alumnado que preparou este obradoiro fixo un incrible esforzo e traballo para dar
vida a esta representación de Turandot e parece que aos nenos lles encantou.

Comentarios
Publicar un comentario