Despedida e peche
Vedes as outras publicacións neste blog? A información que vos chega por estos medios dixitais non sae da nada, nin da IA. Somos nós, o equipo do obradoiro de prensa da escola, o encargado de informarse para informarvos, e facémolo con moito esforzo pero tamén con moito gusto. Antes de nada, cando nos incorporamos a este obradoiro, antes mesmo da creacion do blog, tivemos que investigar e aprender sobre o mundo do xornalismo e a súa linguaxe, que ten características moi precisas: As 3 C: claridade, concisión e concreción. As 6 W: what (qué), who (quen), where (onde), when (cando), why (por que) e how (como). A estrutura dos artigos baséanse na articulación das respostas correspondentes a estas preguntas. Tamén as maneiras de atraer ao público cunha introdución axeitada aos textos. Por exemplo a arte de titular con titulares directos, titulares gancho ou titulares pregunta, por exemplo. Neste obradoiro somos 16 persoas, divididas en sete grupos de dúas ou tres persoas. Cada grupo ...

